jueves, 3 de julio de 2008

O laboratorio de formas

No ano 1963, Luis Seoane e Isaac Díaz Pardo fundaron o chamado laboratorio de formas. Esta asociación sen ánimo de lucro, de clara inspiración vangardista, deu orixe ás industrias de Sargadelos, Ediciós do Castro, o Museo Carlos Maside, o Instituto Galego da Información, entre outros, ademais das actividades que retomou o Seminario de Estudos Galegos continuando co acadado pola xeración "Nós".

Velaí o sinxelo e breve escrito de Isaac para determinar os "estatutos" básicos desta iniciativa, o Laboratorio de Formas, tan suxestiva e fructífera, tan moderna na súa época - e mesmo na nosa época - por certo.

No hay comentarios: